mércores, 1 de marzo de 2023

ENTROIDO 2023

Os seres fantásticos do profe Cali ,

 invadiron o Entroido do noso cole.

Por primeiro de primaria, apareceron uns simpáticos ananos.


xoves, 10 de novembro de 2022

ARTE FLORAL

 
Hoxe a clase de plástica foi especial, 

Lorena tróuxonos flores e demáis e 

fixemos uns centros moi chulis.

martes, 25 de outubro de 2022

NON É UNHA CAIXA

O 24 de outubro celebramos o  día das Bibliotecas escolares e a inauguración da nosa biblioteca,
nós quixemos participar nesta festa, escenificando un contiño titulado: 
"Non é unha caixa", a súa  autora é Antoinette Portis.


É un conto moi sinxelo pero cunha mensaxe moi inportante:
darlle unha segunda vida a aquilo que parece lixo.

Clicade na foto para poder ver o video!!!!
























2

venres, 14 de outubro de 2022

EXCURSIÓN AO MONTE ALOIA

 Hoxe visitamos o Centro de Interpretación do Monte Aloia e percorrimos un anaco da senda botánica. Moi interesante todo o que observamos e o que os monitores nos ensinaron.

Descubrimos tamén que a Natureza está chea de tesouros!!!!

E pasámolo xenial!!!!

Clicade na foto para comprobalo!!!!


sábado, 5 de xuño de 2021

SEMANA DO MEDIO AMBIENTE

 Esta semana estivemos preparando unha actividade moi interesante para contribuir no coidado do medio ambiente.

A partir de caixas de cartón de diferentes envases, démoslle a volta , voltamos a montalas e démoslle unha segunda vida.

Clasificámolas por tamaños, logo botámoslle moita imaxinación creando por equipos  cousiñas moi interesantes, dende un centro comercial, unha ponte, unha pirámide, unha mesa, un cohete, unha cama...

Todo nos gustaba, pero finalmente tivemos que decidir no equipo a estrutura que queriamos compartir con todos os nenos do cole.

Unha vez decidido o que queriamos, pegamos as caixas, pintámolas e preparamos un texto para explicar  a actividade a todo o cole, que tivo como finalidade tomar conciencia das tres palabras máxicas que vai agradecer o noso planeta se as levamos a cabo:

        REDUCIR - RECICLAR - REUTILIZAR

O venres nun acto conxunto celebramos o Dia Mundial do Medio Ambiente, pero non so iso, tamén bailamos o Despacito Ecolóxico e dúas cancións máis.

Pasámolo xenial e pouco a pouco imos tendo claro que

 hai que coidar moito o noso planeta!!!!!!






    

venres, 23 de abril de 2021

Estes días fixemos xunto cos compañeir@s de 2º, 

un pequeno horto escolar.

Neste video poderedes ver o proceso, que vai dende os preparativos da terra,  a nota que fixemos por parellas para saber o que tiñamos que mercar, a compra no mercado e ata como nos organizamos por equipos para plantar ...

Unha experiencia moi completa!!!!!



 

venres, 26 de marzo de 2021

A BÚSQUEDA DO OVOS DE CHOCOLATE POR TUI

 Para rematar este segundo trimestre o alumnado de 1º e 2º de Primaria, fixo un percorrido por Tui, onde tiñamos que atopar as plantas, árbores e monumentos que cada equipo levaba na foto do seu colgante. Unha vez que os localizamos líamos  a información e o mellor de todo foi buscar os ovos de chocolate que estaban agochados pola zona de cada equipo.

Tamén gozamos do Parque do Penedo e dunha merecida merenda e por último botámoslle de comer aos parrulos da Marina. 

Unha excursión moi completa!!!!